4º ESO

os nenos de rusia
(4º ESO, ÚLTIMA ENTREGA, CURSO 2013-14)

Nenos españois fuxindo da Guerra Civil
Esta é a última entrega didáctica do blogue neste curso 2013-14. Nela imos traballar sobre un episodio da historia de España ligado á Guerra Civil e ao franquismo: a dos chamados "nenos de Rusia". Entre 1937 e 1938 calcúlase que 30.000 nenos españois foron enviados para fóra do país a modo de colonias infantís para fuxir da guerra e da fame. Parte deles marcharon con destino a Rusia e non voltaron nunca. Esta é a historia dun drama e un desarraigo, e dunha débeda social para con eles que todavía se mantén hoxe.

Para traballar este episodio escoita o audiodocumental que che propoñemos: está extraído da emisora Radio Nacional de España e resposta a un traballo elaborado por Mamen del Cerro. Para escoitalo debes descargar o arquivo. Para iso pincha no enlace que figura abaixo: abriráseche unha páxina gris que che indica nunha pestana central: "no hay vista previa disponible" e debaixo pon DESCARGAR. Pincha en "descargar" e en cuestión de segundos terás o audio descargado no teu ordenador. Desde aí tamén o podes levar ao teu MP3 ou aparello reprodutor de son para escoitalo onde mellor desexes.

O enlace é:


Grupo de nenos españois refuxiados en Moscova
Logo de escoitar o adudiodocumental realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “CO RATO EN DIFERIDO”: OS NENOS DE RUSIA, HISTORIA DUN DESARRAIGO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o luns 21 de maio na 6ª hora mañán. Ánimo!!...

oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

Imaxe das nais a pais a pe de porto vendo partir aos nenos
ACTIVIDADE Nº 1: Contesta ás seguintes cuestións.-
1. Que países acolleron a nenos españois que fuxían da Guerra Civil? Cantos deles foron enviados á Unión Soviética? Que idades tiñan esos nenos?
2. O maior continxente de nenos partíu o 12 de xuño da 1937: cantos o integraban e de que porto partiron? Como se chamaba o barco que os trasladaba? A maioría deles viaxaba con destiño á Unión Soviética, pero outros baixaban antes: en que país? A que cidade soviética chegou o barco co resto dos nenos?
3. Que recibimiento lles dispensaron ao chegar á Unión Soviética? Que medidas lles aplicaron nada máis baixar do barco e por que?
4. Logo esos nenos foron enviados a centros de acollida en réxime de internado: a cantos centros foron destiñados e en que cidades se apunta no audio estaban ubicados?
5. Nos centros recibían formación española e obrigábanlles a escribir aos pais en España. Cales eran os temas dos que máis falaban os nenos nesas cartas? Que anécdota refire o audio das cartas que enviaba a nena Laura García Pindado?

Nenos españos xantando cun centro de acollida soviético
6. Apunta o documental que estos nenos sofriron uns anos despois unha segunda fuxida da guerra: de cal e por que?. Cara a que rexións tiveron que irse? Daquela moitos xa eran adolescentes ou xóvenes: que labores pasaron a desenvolver nos seus novos destiños e en que condicións?
7. Outros optaron por alistarse no exército soviético na loita contra o fascismo. Cantos o fixeron? E cantos deles se calcula que morreron no campo de batalla?
8. En 1944 regresan cara o Occidente ruso para vivir nas Casas de Xóvenes que se dispoñen para eles. A partir de 1950 empeza a barallarse o regreso a España, pero Stalin négase: por que razón? Que gobernante soviético permitirá máis tarde o seu regreso?
9. Cantos daqueles nenos se calcula regresaron desde Rusia entre 1956 e 1960 e por que razón a chegada dos barcos desas expedicións a portos españoois tiña lugar de noite?
10. Con que diferentes dificultades se atoparon unha vez establecidos en España?
11. Outros non regresaron e quedaron na URSS. Ata que ano se lle recoñeceu a éstos nacionalidade española? Cales son desde entonces as principais reinvindicacións dese centenar de daqueles nenos que viven hoxe, que posúen a nacionalidade española pero que viven en Rusia?

Nenos expañois xogando dun centro de acollida na URSS
ACTIVIDADE Nº 2: Debuxa.-
Confecciona un mapa de Eurasia. Perfila nel a ruta que fixo cargueiro que trasladou os nenos ata a Unión Soviética. Logo sitúa as cidades de Leningrado, Moscova, Odesa e Samarcanda, así como a rexións dos Urais e do Volga que se mencionan no audio.



ACTIVIDADE Nº 3: Opina.-
Escribe unha opinión sobre este documental e a vida que lles tocou vivir a estos nenos.


CONCURSO: A PERSONAXE OCULTA (V) 
Nesta entrega mantemos o concurso coas seguintes bases:
1. Durante a semana colgarase cada día ás 14,30 horas unha pista sobre a personaxe.
2. As respostas débense remitir ao correo do departamento de Sociais que figura na marxe esquerda do blogue.
3. Cada alumn@ só pode remitir tres respostas como máximo, e só poderá enviarse por día. 
4. Aquel que primeiro acerte a personaxe obterá unha nota positiva engadida e un agasallo sorpresa.
5. A  novidade é que nesta entrega poñemos en marcha tamén unha segunda modalidade para pais, seguidores do blogue e lectores en xeral baixo esta mesmas bases. Remitide a vosas respostas tamén á dirección de correo do departamente do Sociais que figura na marxe esqueda da páxina principal do blogue.
NOTA: Contémplanse premios en ambas modalidades. Necesario pasar a recollelo polo colexio ou aportar no correo datos para remitilo. 

modalidade I: alumnos.-
Acabamos de dar o tema "O mundo actual". Nel traballamos sobre a caida do comunismo e a nova orde internacional que se abre desde aquela. Nesta última entrega do blogue buscamos o nome dunha personaxe que se encadra neste tema. As pistas son as seguintes:
1. Foi clave na caída do comunismo no seu país.
2. Ese país non foi a Unión Soviética.
3. Trala caída do comunismo foi elexido democráticamente presidente do goberno do sei país.
4. Era famoso polo seu bigote.
5. Foi o líder do sindicato "Solidariedade".
A solución é: LECH WALESA, e o gañador foi Jacobo García que remitíu a resposta o luns 19 ás 15,19 horas. Noraboa! Gracias a todos por participar.


modalidade II: lectores.-
Para os lectores buscamos o nome dunha personaxe enclavada no tema que acabamos de empezar: o franquismo. As pista son as seguintes:
1. Foi un loitador contra o franquismo.
2. Era galego.
3. Foi condenado a morte e o seu corpo foi soterrado nunha fosa común.
4. Foi coñecido por un alcume vinculado á parroquia onde naceu.
5. Foi un mítico guerilleiro encadrado na resistencia dos maquis.
A solución é: FOUCELLAS, e o gañador foi Evelin Carrillo que remitíu a resposta o marte 20 ás 16,23 horas. Noraboa! (non puido ser BegoPV cuxa resposta era correcta pero foi remitido o martes 20 ás 23,58 horas). Gracias a todos por participar.

2 comentarios:

  1. Pareceume un blog moi interesante xa que aprendes historia dunha forma diferente e mais entretenida.Algunhas entradas foron mais interesantes ou mais tristes ca outras como é o caso dos nenos de Rusia e tamén o asasinato da familia do tzar de Rusia. Moitas grazas polo blog Tino

    Wendy Carrillo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agardamos ter creado algo de sentimento con algunha das entradas.

      Eliminar